Portos avanza as alternativas para mellorar o abrigo do Son

    avancealternativasportoson100.jpgPORTO DO SON> O presidente de Portos de Galicia  presentou o avance do estudo de alternativas para a reordenación portuaria de Porto do Son.

    {flowplayer}barbanza/avancealternativasportoson.flv{/flowplayer}

    A reordenación portuaria do Son segue dando pasos para converterse en realidade. O último foi a presentación do avance do estudo sobre as condicións de abrigo do porto previo ó proxecto de ampliación coa instalación de novos pantaláns.

    Segundo o informe preliminar, o peirao está afectado por mar de fondo e mar de vento polo que se plantexa a ampliación do dique e do contradique con diferentes orientacións.

    Tramitación

    Tras estas primeiras conclusións manteranse novas xuntanzas co sector para determinar a alternativa máis axeitada. Nun prazo aproximado de dous meses podería comezarse a redacción do anteproxecto aínda que as obras non comezarán ata o 2013 xa que son necesarios diversos trámites ambientais.

    Ademais do alcalde, tamén asistiu á presentación do estudo o patrón maior da localidade que acolleu con interese a proposta do ente autonómico que agora definirá en colaboración co sector.

    Redacción Barbanza