Desaparece un mariñeiro de Ribeira nas inmediacións de Madagascar

    marieirodesarecido_100_020108.jpgBARBANZA > Un mariñeiro de Ribeira desapareceu o pasado luns mentres faenaba en augas próximas a Madagascar.

    Antonio García Pérez, mariñeiro ribeirés de 42 anos, leva desaparecido dous días, despois de que o pasado luns se precipitase ó mar dende o barco en que faenaba, nas inmediacións da illa de Madagascar. Inmediatamente, un amplo dispositivo de salvamento se puxo en marcha para tentar localizar ó mariñeiro, ata o momento, sen éxito.

    Casado e con dous fillos, García Pérez, traballa para a empresa Vidal Armadores. O mariñeiro xa se convertera en obxectivo dos medios de comunicación hai catro anos, cando permaneceu detido en Australia, xunto ós compañeiros do palangreiro Viarsa, acusado de pesca ilegal. Tras dous anos de retención, os mariñeiros quedaron en liberdade por falta de probas.

    {flowplayer}barbanza/marineirodesaparecido.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza