O BNG de Muros-Noia presenta emendas ós orzamentos da Xunta por valor de 17 millóns de euros

NOIA> Para o BNG os orzamentos da Xunta de 2023 non recollen as principais demandas, moitas delas xa históricas, destas dúas comarcas.

Por esta razón os nacionalistas van a presentar varias emendas a estes presupostos por un importe total duns 17 millóns de euros.

Unha delas, se cadra a máis importante, fai referencia, unha vez máis, á necesidade de executar o saneamento integral da Ría.

Outra das emendas máis importantes vai destinada ó proxecto de conversión do corredor Brión-Noia en autovía. Para os nacionalistas a partida que a Xunta destinada para 2023 é insuficiente.

Outras das demandas que agardan que a Xunta as teña en conta e as incorpore ó seu orzamento fan referencia á creación dun bus comarcal que conecte tódolos concellos da comarca, que se solucione a falla de chan industrial, apostando pola construción do polígono industrial de Porto do Son ou se aumente o investimento para a planta de compostaxe de Servia.

Tamén reclaman unha gardería infantil para Noia, que a día de hoxe segue sen este servizo público; orzamento para a rehabilitación do cine París, en Muros, a consolidación do museo das laudas gremiais de Noia ou a musealización da casa natal de Francisco Añón, en Outes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí