![]()
A ILLA >O censo do concello da Illa superou xa os 5000 habitantes. Así o confirmou o seu alcalde, Manuel Vázquez
Agora só falta que o instituto nacional de Estadistica ratifique os datos da inscrición dos novos illenses. Este fito suporá importantes incrementos fiscais para o municipio.
Na illa xa son 5000, unha cifra que tanto concello como veciños estaban agardando dende fai tempo, sobre todo pola necesidade que ten a vila en ampliar a poboación. A confirmación oficial virá da man do instituto nacional de estadística que cotexando os datos do censo do último exercicio ratificará para o 2009 a nova cifra de habitantes
Un feito importante para o concello da Illa, xa que este record histórico virá acompañado de importantes vantaxes fiscais, como o incremento do 7% nas inversións ó alcanzas a segunda categoría no número de habitantes empadroados .
Unha alegría que se palpa sobre todo nos veciños, que acolleron de bo grado a nova Por certo que neste recente estreado 2008, foron 58 os novos habitantes da illa, desta quenda foron máis nenos que nanas os nacidos ata o de agora.
Redacción Salnés








