O PSOE de Sanxenxo acusa ó concello de descriminar a Vilalonga

    vilalonga_100copia.jpgSANXENXO > O partido socialista de Sanxenxo acusa ó actual goberno local de discriminar á parroquia de Vilalonga. Segundo os socialistas, …

    … tanto o actual executivo popular presidido por Catalina González, coma o anterior goberno de Telmo Martín, proxectaron un importante número de actuacións na vila que nunca se levaron a cabo.

    Segundo o PSOE, a indiferenza do concello remóntase ata o 2003, cando o anterior alcalde, e agora presidente do partido popular de Pontevedra, Telmo Martín, prometera a creación dun polígono industrial en Vilalonga que nunca se chegou a materializar. Logo viñeron as promesas dun enlace directo entre a parroquia e o polígono industrial de Nantes, aínda non rematado, que tampouco ten visos de ser unha realidade.

    Os socialistas tamén critican duramente o retraso na licitación das obras para a construción do novo centro de saúde. Aseguran dende o PSOE que a consellería de Sanidade xa ten disposta unha partida orzamentaria para este centro dende hai tempo.

    {flowplayer}images/salnes/vilalonga.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés