Mar de Santiago comezará a súa promoción para atraer peregrino de cara ao Xacobeo

VILANOVA> A Xunta e os concellos de Vilanova, Catoira, Pontecesures e Valga firman un convenio para a posta en marcha da ruta Mar de Santiago. A primeira fase deste acordo está destinada á promoción do percorrido. Ambas administracións realizaron unha aportación conxunta de 150 mil euros.

O proxecto Mar de Santiago deu hoxe o seu primeiro paso para poñer en valor o itinerario vinculado á chegada dos restos do Apóstolo a Santiago. A Xunta de Galicia e os concellos implicados firmaron hoxe un convenio para elaborar un plan de activación turística da Ruta do Mar de Arousa e do Río Ulla.

O convenio inclúe unha aportación conxunta de 150 mil euros. O primeiro obxectivo é promocionar a ruta.

Esta é a primeira fase dun proxecto que os concellos agardan que perdure no tempo.

A ruta percorrerá os catro concellos implicados poñendo en valor o seu patrimonio paisaxístico e gastronómico.

Con este convenio, o proxecto Mar de Santiago agarda atraer a máis peregrinos a coñecer a súa ruta. Os concellos e a Xunta continuarán traballando en conxunto para que aumentar a demanda do itinerario de cara ao Xacobeo no 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí