Os veciños de Godos en contra do Aeródromo

    godos100_0302087_001.jpgCALDAS > Os veciños de Godos xa están fartos de que lles fagan caso omiso ás súas reivindicacións. Para eles a pista do aeródronomo é ilegal

    … Os veciños da parroquia caldense de Godos concentráronse esta mesma tarde ás portas do concello para esixirlle ó alcalde por medio da súa pancarta que os apoie na supresión da pista do aeródromo que segundo os veciños é ilegal e non lles aporta ningún beneficio máis ben afirman lles prexudica.

    Os veciños de godos xa están fartos de que lles fagan caso omiso ás súas reivindicacións. Para eles a pista do aeródronomo é ilegal segundo contempla a xunta por atoparse nun entorno rural de protexido .

    Unha pista de aterraxe para avionetas particulares . Queren que o terreo volva ó seu estado orixinal O veciños acusan a un coñecido constructor de explotar case en exclusividade a pista, e burlar os precintos do concello que decretou a xunta.

    A versión do concello defire coa dos veciños. Segundo o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rei, a postura dos veciños é radical e non permite diálogo ó rexeitar a xuntanza entre goberno e veciños para atopar solucións

    Estaba previsto que o alcalde e o resto de voceiros políticos mantiveran hoxe unha reunión para ver os pros. e contras do aeródromo. Por causas axenas ó concello, esa xuntanza non se puido producir. A esta reunión tamén ían concorrer dous representantes veciñais cos que segundo os habitantes de Godos non se senten identificados.

    Pola súa banda o alcalde afirmou ó respecto que os voceiros dos veciños son elixidos democraticamente como estable un estado de dereito.

    Redacción Salnés