Fole asegura que non hai máis policías implicados no suposto suborno

    VILAGARCÍA> O PSOE de Vilagarcía solicitou hoxe unha reunión urxente dos portavoces municipais. O motivo, a investigación de dous policías locais por suposto suborno e a posible vinculación doutros dous axentes que foron declarar a pasada semana á Comisaría de Policía Nacional. O alcalde aclarou hoxe que non están implicados. Tranquilidade. É o que quere dar o Concello de Vilagarcía ante os últimos acontecementos en torno á investigación por suposto suborno de dous policías locais, relacionados co cobro de diñeiro a cambio de retirar unha multa de alcoholemia. A Policía Nacional chamou a declarar a outros dous axentes. O alcalde aclarou que non están implicados neste caso. Ó parecer coa testemuña destes dous novos axentes preténdese esclarecer se o proceder dun dos imputados por cohecho foi algo esporádico ou se xa o fixo outras veces. Fole aclara ademais que estes policías acudiron en calidade de imputados para poder levar representante legal. Estes últimos acontecementos propiciaron que o PSOE local solicitase hoxe unha reunión urxente dos portavoces municipais para ter información sobre o caso. O alcalde lembra que xa tiveron unha reunión sobre o asunto e que mentres non teñan información clara non se repetirá. O PSOE insiste na gravidade do asunto para reclamar a xuntanza. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/09/PSOE_DETENCIONS_POLIS_VILLA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/09/PSOE_DETENCIONS_POLIS_VILLA.mp4{/flowplayer}