![]()
VILAGARCÍA > Fabricantes e vendedores de mobles reuniranse este luns na Cámara de Comercio de Vilagarcía para expor as súas queixas …
… acerca da Feira do Moble portugués celebrada en Fexdega. Consideran indignante que as administracións apoiara esta feira, que lle supuxo unha competencia desleal.
A Cámara de Comercio de Vilagarcía reunirá o luns ó sector do moble da súa demarcación cun asunto central na orde do día: a feira do moble de Portugal, que se celebrou o pasado mes de novembro en Fexdega. Fabricantes e vendedores galegos denuncian a competencia desleal que lles supuxo. Estes mobleiros están sobre todo indignados polo apoio que lle deron as administracións e entidades da Fundación Fexdega á Feira da Capital do Moble de Portugal, e anunciada como Feira do Moble de Galicia. En novembro dirixiron escritos á Cámara e ó Concello de Vilagarcía. A primeira explicoulles que nin sequera acudiran á inauguración nin á clausura desta feira e finalmente convocou a reunión do luns. Pero desde o goberno local non tiveron resposta.
O prexuízo, segundo estes mobleiros, non é só para Vilagarcía senón incluso para toda Galicia, tendo en conta o alto nivel da feira que trouxeron a Fexdega. Comerciantes e fabricantes do moble advirten que agora son eles os prexudicados, pero que máis adiante poden ser outros sectores nos que Portugal tamén é punteira. Son algunhas das queixas que expoñerán na reunión convocada pola Cámara de Comercio. A xuntanza celebrarase o luns ás oito e media da noite na cámara de comercio.
{flowplayer}images/salnes/moble.flv{/flowplayer}
Redacción Salnés











