O Concello da Illa promove cursos para mulleres paradas, de conducción de autobús

    conveniotransportes100_040108_001.jpgA ILLA > O Concello de A Illa de Arousa ven de asinar un convenio de colaboración con dúas asociacións de empresarios de transportes, para favorecer a inserción

    …laboral dos parados mais desfavorecidos. Farase a través dun curso de condutores de autobús, dirixido principalmente ás mulleres. É un proxecto, segundo alcalde de A Illa, que dou moles bos resultados en outros concellos da Comunidade.

    Por primeira vez no concello da Illa de Arousa, asinouse un convenio de colaboración ca asociación provincial de empresarios de transporte de viaxeiros por estrada en autocar, SERVICAR, e a asociación provincial de empresarios de transportes de servizos discrecionais de viaxeiros, AS.EM.VI.DI.

    É un proxecto tramitado pola Consellería de Traballo para impartir cursos gratuítos de condutor de autobús e reducir o paro a través da inserción laboral

    Segundo alcalde, o curso está dirixido aos parados máis desfavorecidos, neste caso, as mulleres. O convenio será remitido á Xunta que correrá con tódolos gastos derivados do curso.

    Os presidentes das asociacións xa teñen a metade de mulleres na plantilla, e coinciden en que as mulleres son moi boas condutoras e menos agresivas que os homes.

    En Cambados xa levaron a cabo o curso, acadando un cen por cen da ocupación das participantes.

    Redacción Salnés