Durán reparte culpas entre CIG e empresa da situación de Valle-Inclán

    VILANOVA> O alcalde de Vilanova apela a unha unión de empresa e sindicatos para salvar a residencia Valle-Inclán. Gonzalo Durán sinala a ambos como responsables da situación que atravesa ao centro, e propón que formen unha fronte común ante a Xunta para manter o concerto e manter os postos de traballo.

     

    Dous non pelexan se un non quere. Así resumiu o alcalde de Vilanova o conflito aberto entre a CIG e a residencia Valle-Inclán.

    Aínda que rexeitou os despedimentos feitos pola xerencia, as críticas máis duras foron para a CIG.

    Segundo Durán, a súa máxima preocupación son os postos de traballo da residencia, un centro que asegurou, é viable grazas ao concerto coa Xunta. 

    O alcalde vilanovés tamén saíu ao paso das declaracións da CIG, que responsabilizaban a Deputación, Xunta e concello do desmantelamento da residencia.

    Durán tamén sinalou o conflito aberto entre residencia e sindicatos como o responsable de que a poxa para a compra do centro quedara deserta.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/04/gonzalo_residencia_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/04/gonzalo_residencia_vilanova.mp4{/flowplayer}