O Grupo Parlamentario do PPdeG reuniuse para valorar as accións do goberno

    reunin_pp100_070108_001.jpgPONTEVEDRA > O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, os membros do seu Grupo Parlamentario, o Presidente do PP provincial, Rafael Louzán…

    …e o presidente local do PP, Telmo Martín, asemade como outros membros do PP local, mantiveron esta mañá unha reunión na que valoraron a lexislatura bipartita do PSOE e o BNG, tanto en Santiago como en Pontevedra. A conclusión a que chegaron e que “non houbo tal lexislatura”, e que estes case catro anos, foron perdidos porque non se avanzou nada.

    Tras un período vacacional parlamentario, a reunión de hoxe dou moito de si. Comezárona cun minuto de silencio para lembrar o desaparecido Xosé Cuíña, ao que aseguran votar moito de menos. Asemade, deron a benvida a número once na lista de Pontevedra, Rosa Oubiña, que será quen substitúa a Cuíña no Parlamento, a partir do primeiro pleno de febreiro.

    Por outro lado, xa lle teñen solicitada a Medalla de Galicia a Cuíña, a título póstumo. Agardan que o goberno sexa receptivo ca proposta e consideran que Xosé Cuíña, meréceo.

    A segunda parte da reunión consistiu en valorar a situación que está a vivir, segundo o PP, a cidade de Pontevedra. Aseguran que en case catro anos, non cambiou nada, as grandes asignaturas pendentes, seguen así e parécelles que Pontevedra non figura nas axendas nin do goberno local, nin no da Xunta.

    A circunvalación, a vía de alta capacidade entre Pontevedra e Vigo e o colapso diario no nudo do Pino, seguen sen solución. Destacaron tamén que no terceiro ano de mandato bipartito na Xunta, o único que fixo por Pontevedra, sendo unha das catro capitais de provincia, foi licitar a rotonda de O Marco, con catrocentos mil euros e aínda sen facer.

    O PP, manifestou o seu compromiso para a cidade, que é unir Pontevedra, non só con Vigo, senón con todo o resto de España.

    Segundo Núñez Feijoo, as liortas permanentes entre os dous gobernos de Galicia e tamén no caso de Pontevedra, só teñen unha obsesión, pelexar por protagonismo, non ve un pacto de goberno, senón un pacto de poder que deixa de lado os grandes proxectos, por exemplo para a pesca, como primeiro produtor ou para paliar os efectos da subida do cen por cen no gasoil.

    O PP fará públicas as listas para Pontevedra a mediados de xaneiro.

    Redacción Salnés