O PP de Pontevedra valora negativamente o Fondo Estatal de axuda ós Concellos

    foto_pp_100.jpgPONTEVEDRA > O Presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, e o vicepresidente da Deputación Provincial e Membro executivo da…

    … Federación Española de Municipios e Provincias, Xosé Crespo, valoraron hoxe os novos fondos de inversións do estado para os Concellos. Para os dous populares neste plan de axudas Galicia vai a ser a gran prexudicada, ó repartirse as mesmas só atendendo o índice de poboación. Segundo o PP, o goberno central debera ter contemplado algunha medida correctora na que se tivesen en conta as características diferencias de Galicia, como son a dispersión da súa poboación e ó avellentamento da mesma. Ademais, o seu caracter eminentemente rural tamén vai a ser uns obstáculo para percibir esta cuantía.

    Outra crítica dos populares a este plan de axudas centrouse na premura de tempo ca que está planificada: o prazo para presentar os proxectos que obten a estas axudas rematará o vindeiro 24 de xaneiro; aínda que, eso sí, contempla un amplo abano de posibilidades de inversións.

    Louzán cree tamén, que este plan vai a ser unha argucia para responsabilizar ós concellos do índice de diminución do paro que xere este proxecto.

    Este presidente do ente provincial denunciou tamén que as Deputación Provinciais foron as grandes discriminadas neste plan de axuda e a única posibilidade que se lles contempla, é a de axudar ós Concellos no seu eido administrativo. Unha axuda que a Deputación Pontevedresa brindará a totalidade dos concellos desta provincia. Ademais, o ente provincial está realizando un informe sobre a merma da capacidade executiva dos concellos por mor da crise, cuxos resultados se presentarán en breve.

    Redacción Salnés