Veciños Independentes da Pobra urxen o arranxo da estrada de Pontenaveira

A POBRA> Veciños Independentes da Pobra denuncia o mal estado da estrada de Pontenaveira na Pobra. Reclaman ó concello unha actuación urxente nesta vía así como a elaboración dun plan de mantemento de estradas para todo o municipio.

A falla de mantemento provocou, segundo denuncia o voceiro de Veciños Independentes da Pobra, o deterioro desta estrada que conecta Pontenaveira, dende o Cruce da Baiuca, ata o Camiño Ancho.

Eloy Sobrido indica que esta non é a única vía en mal estado senón que hai outras moitas con importantes deficiencias. Para solucionalas, pide ó executivo a elaboración dun plan de mantemento de estradas que contemple as actuacións de mellora e mantemento necesarias para contar con vías seguras e en boas condicións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí