O covid obriga a introducir cambios nas cabalgatas do Barbanza

BARBANZA> Examinadas con maior detalle as recomendacións de Sanidade con respecto ás actividades de Nadal son moitos os concellos do Barbanza que están a introducir cambios nas súas cabalgatas.

En Ribeira a cabalgata circulará unicamente pola fachada marítima. Sairá ás seis da tarde dende o recheo do Malecón ata o paseo das Carolinas. Non se arroxarán caramelos e reducirase o número de persoas en cada carroza.

Tamén se anula o Belén Vivinte e a recepción dos Reis que se ían celebrar na Praza do concello. dende o concello aconsellan ós asistentes non moverse dun único punto e gardar distancia con outras unidades familiares. O evento será retransmitido por streaming para os que prefiran velo dende a casa. Antes da sáida da cabalgata o Bus Real percorrerá as parroquias tal e como estaba previsto.

Tamén na Pobra mantense o percorrido das súas maxestades polas parroquias entre as tres menos cuarto e as seis da tarde. á súa chegada ó casco urbano recibirán ós nenos na praza alcalde Segundo Durán. Para evitar aglomeracións, os interesados en asistir deberán contactar co concello para anotarse.

Deberán retirar unha entrada na oficina de turismo onde lles indicarán a hora prevista para cada familia. En caso de chucia a recepción trasladarase ó colexio Salustiano Rey Eiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí