Un enfrontamento entre veciños remata cunha parella hospitalizada

    suceso_vilarino100_070108.jpgCAMBADOS > Os feitos acontecían o sábado á mediodía neste lugar da Telleira, pertencente á parroquia cambadesa de Vilariño.

    Eran as súas da tarde cando Milagros Cores Gónzalez, unha cambadesa de 42 anos, volvía de mercar o pan no polígono industrial veciño e veu ó sobriño do seu veciño traballando ó lado dunha canle de recollida de augas da súa propiedade.

    Nada máis chegar a súa vivenda comunicoulle esta situación a súa parella, José Manuel, que decidiu ir, xunto ca súa filla e a súa parella, a pedir explicacións ó rapaz. Éste explicoulles, segundo a versión de Milagros, que a el lle mandaran tapar o cano da auga porque lles estaba enviando auga ó interior do seu alpendre. Milagros e a súa parella pedíronlle que non actuase na súa propiedade e que no seu canto, cintase a súa parede. A conversa era perfectamente civilizada cando de socato ven o tío do rapaz, outro cambadés de 54 anos, insultándoos dende un tractor.

    A víctima, asegura que mesmo o sobriño do veciño lles quixo axudar ante a ira do seu tío. O resultado da trifulca foi dun dedo cortado nas mans de José Manuel e de 19 puntos de sutura na cachola de Milagros; que de novo esta noite tivo que ser ingresada no Hospital Comarcal por mor destas feridas.

    Os problemas entre estas dúas familias non son de agora; xa hai varios anos que andan nos xulgados por varios problemas; como a rotura dunhas tellas dun alpendre ou por un carballo. Milagros mesmo denuncia que levan tempo facéndolle bruxerías diante do seu portal.

    O veciño denunciado non quixo dar a súa versión dos feitos e no seu canto remitiunos, por medio do seu sobriño, ás declaracións efectuadas por él mesmo no xulgado cambadés.

    {flowplayer}images/salnes/suceso_vilarino.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés.