Caride pide comprensión polas molestias das obras da autovía

    caride_100_080108.jpgBARBANZA > A conselleira de Política Territorial asina en Boiro e Rianxo sendos convenios de colaboración para a realización de varias obras.

    Como non podía ser doutro xeito e dado a importancia da mesma, a titular de Política Territorial non puido deixar de referirse á marcha das obras de construción da autovía do Barbanza. María Xosé Caride pediu a comprensión dos barbanzáns polas molestias que esta actuación lles está a causarcaride2_200_080108.jpg.

    A responsable de Política Territorial tamén sinalou que dende o seu Departamento hai vontade por tratar de solucionar tódolos problemas que as obras lles están a causar ós veciños dos distintos concellos polos que discorre a futura autovía, facendo mención ás deficiencias detectadas nalgúns pasos inferiores e superiores, como é o caso de Dodro, Rianxo, Boiro ou Pobra do Caramiñal.

    Convenio mellora Ponte Ordenario

    O percorrido da Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes pola comarca do Barbanza iniciábase no concello de Boiro. Alí María Xosé Caride e o alcalde, Xosé Deira, asinaron un convenio de colaboración para a reconstrución dunha ponte sobre o río Coroño no lugar coñecido como Ordenario.

    caride3_200_080108.jpgNo convenio asinado esta mañá en Boiro recóllese que a Consellería de Política Territorial será a encargada de financia-las obras cun presuposto de máis de 280 mil euros, unha vez que se dea o visto bo ó proxecto técnico. O concello boirés deberá poñer a disposición da Consellería os terreos e permisos necesarios, contratar e executa-los traballos e asumi-la conservación e mantemento da ponte unha vez que estea rematada. A ponte do Ordenario sobre o río Coroño presenta na actualidade importantes deficiencias que afectan á súa estrutura, o que representa un risco para a seguridade viaria. O convenio asinado esta mañá substitúe a outro xa asinado no ano 2006 e que non chegou a materializarse, ó ser necesaria unha reformulación da estrutura, o que conlevou un incremento do presuposto.

    Convenio mellora seguridade vial AC-305

    Posteriormente a titular de Política Territorial desprazouse ata Rianxo para asinar co alcalde desta localidade, Pedro Piñeiro, outro convenio de colaboración para dotar de sendas peonís e beirarrúas a estrada Padrón-Ribeira, AC-305, ó seu paso polo municipio. Este acordo ten como principal obxectivo incrementar a seguridade viaria desta estrada, tanto para os vehículos como para os viandantes que se desprazan por esta zona con características urbanas.caride4_200_080108.jpg

    A construción de sendas peonís e beirarrúas levarase a cabo en varios tramos, concretamente na zona das curvas da Casilla e na recta do Araño, así como na zona de Campo de Pazos e na Burata en Taragoña. Para levar a cabo estas actuacións, a Consellería de Política Territorial destinará preto de 135 mil euros. O executivo rianxeiro, que xa elaborou o proxecto técnico, deberá poñer a disposición da Consellería os terreos necesarios para levar a cabo a obra e tramitar tódolos permisos e licenzas pertinentes.

    {flowplayer}barbanza/caride.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza