O Concello insiste en converter a PO-504 nunha travesía urbana

    po_504_100_080108.jpgSANXENXO > Xunta e veciños dispoñen xa do novo anteproxecto da PO-504, que une Sanxenxo con Vilalonga. O Concello remitiulles onte …

    … copia do documento encargado á empresa de enxeñería Tranor, S.L.

    Beirarrúas transitables, mobiliario e equipamento urbano e unha importante cota de seguridade, tanto peonil como circulatoria. Son as principais actuacións recollidas no novo anteproxecto da PO-504, que une Sanxenxo con Vilalonga. O documento base, redactado pola empresa Tranor, foi remitido onte polo concello tanto á delegación de Política Territorial en Pontevedra como á directiva da plataforma de veciños afectados.

    O goberno local explica que este novo anteproxecto recolle todas aquelas modificacións propostas polos veciños. Fai fincapé na seguridade viaria e contempla unha actuación integral de toda a vía coa intención de imprimirlle carácter urbano dunha travesía. En canto ás polémicas rotondas, neste documento figuran só dúas, segundo se acordou cos veciños, unha na Vichona e outra no Reiriño. O Concello indica que asumiría a titularidade deste tramo unha vez a Consellería acepte as características deste anteproxecto. En canto a presuposto, recolle unha partida de 7,6 millóns de euros, dos que máis dun millón irían para expropiacións.

    {flowplayer}images/salnes/po_504.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés