Falece o neno que resultara ferido nun accidente de bicicleta en Rianxo

RIANXO> Fondo pesar en Rianxo trala morte do neno ferido a pasada semana nun accidente de bicicleta.

Adrián Neo, de doce anos, falecía onte no Hospital Clínico de Santiago onde permanecía ingresado dende o 16 de agosto cando a bicicleta que pilotaba colidiu contra un vehículo estacionado na estrada entre Rianxo e Asados, á altura do Pazo.

O mozoresultou ferido de gravidade con diversos traumatismos no cranio lo que tivo que ser intervido cirurxicamente, Posteriormente foi trasladado á unidade de críticos onde permaneceu ata que onte tivo lugar o tráxico falecemento.

Tanto o concello de Rianxo como o club de remo local do que formaba parte amosaron as súas condolencias nas redes sociais polo fatídico desenlace.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí