BARBANZA> A deputada do BNG Rosana Pérez pediu explicacións no Parlamento á consellería do Mar sobre o grao de execución dos fondos europeos de 2023, nun contexto no que o sector se encontra nunha situación, segundo ela, alarmante.
A nacionalista lamenta que a Xunta devolva centos de millóns que deberan servir para potenciar un sector para Galicia fundamental, algo que evidencia, segundo ela, unha nefasta xestión.
Precisamente a deputada do BNG reclamoulle á Xunta que se centre en destinar os cartos do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca a proxectos concretos da economía real e non só a publicidade, feiras e eventos.
A nacionalista tamén se interesou pola situación actual do conxunto do sector do mar así como pola opinión que lle merecen os datos da propia Xunta que falan da baixada de vendas e facturación nas lonxas galegas, así como da perda de postos de traballo no sector, unha situación que a deputada nacionalista cualificou de ‘debacle’.











