A plataforma de afectados da PO-531 prepara a primeira manifestación

    PONTEVEDRA > Varios representantes veciñais da plataforma de afectados da PO 531 reuníronse á primeira hora desta tarde para dar conta das reivindicacións

    entorno a decisión de Política Territorial para ampliar a estrada nos tramos de Alba e Barro. A plataforma estase a reunir con diferentes partidos políticos de Pontevedra para achegar posturas. Onte a quenda foi para o BNG, Fernández Lores manifestouse en contra do proxecto e aposta por unha urbanización do vial, dándolle un carácter similar ó dunha travesía.

    Os voceiros da plataforma de afectados quixeron facer extensivas as súas posturas con respecto a ampliación da PO- 531 xa que segundo eles, séntense discriminados fronte a outras saídas de Pontevedra, que sí están urbanizadas.

    lores21200_080108.jpgPara os veciños este proxecto obstaculiza e divide por completo ás parroquias, impedindo a realización da súa vida cotiá, reflectido no proxecto coa ausencia total de pasos subterráneos, beirarrúas, pasos para peóns, accesos e rotondas Os representantes veciñais presentan como alternativa a liberalización dos peaxes da AP 9 co incremento dun carril e a realización da A 57 ó seu paso por Curro.

    Os representantes veciñais presentan como alternativa  a liberalización dos pexes da AP 9 co incremento dun carril e a realización da A 57 ó seu paso por curro.

     

    A xuntanza que onte se produciu entre os representantes da plataforma de afectados da PO-531 e o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores foi fructífera xa que ambas partes se puxeron de acordo en manifestarse en contra do Proxecto de Política Territorial para ampliar o tramo ó seu paso por Alba, Curro, Campañó e a Portela.

     

    Entre as actuacións planeadas pola plataforma de afectados  está a convocatoria dunha manifestación pola estrada Pontevedra- Curro o vindeiro día 19. aínda que esta data esta por confirmar.. Tamén hoxe está previsto que o PSOE de Pontevedra reciba os representantes veciñais para intentar reorientar posturas. E mañá a cita será co PP.

     

    Redacción Salnés.