Realízase unha valoración anual sobre o proxecto HORIZONTE 2030

    RIANXO> A xerencia do Grupo Acción Costeira Ría de Arousa e a Asociación Mexilloeira Rianxeira veñen de facer unha valoración sobre a primeira das anualidades do proxecto HORIZONTE 2030 que rematará o vindeiro 31 deste mes. Durante este tempo leváronse a cabo diversas actividades co fin de promocionar o sector mexilloeiro.

    Fai xa un ano da presentación do proxecto HORIZONTE 2030 que ten por obxectivo a promoción do sector mexilloeiro. Durante todo este ano realizáronse unha serie de actividades co fin de desenvolver o seu obxectivo e mellorar a imaxe do mexillón. Algunhas das actividades que se realizaron foi o I Foro de Acuicultura; no que participaron empresas e entidades que pertencen á administración pública; un Campus Mariño; destinado a familiares de persoas que traballan no sector pesqueiro e actividades en colaboración coa asociación AMBAR. Dende o mes de Novembro ata Xuño de 2015 terán lugar unha serie de novas accións como por exemplo a Semana da Ciencia, xornadas de experimentos e xogos da ciencia co fin de achegar o cultivo do mexillón ós eslavóns máis baixos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/20/presentacionproxectohorizonte2030rianxo2010141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/20/presentacionproxectohorizonte2030rianxo201014.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí