![]()
RIBEIRA > A Asociación de Empresarios de Ribeira e o concello están a estudar a posta en marcha de medidas de seguridade no polígono de Xarás.
Ante a última oleada de roubos, os empresarios do polígono industrial de Xarás decidiron organizarse e tomar medidas para evitar que sigan a repetirse este tipo de sucesos.
Os afectados xa mantiveron unha reunión co presidente da patronal ribeiresa para plantexar os posibles mecanismos a artellar para a mellora da seguridade como pode ser a instalación de videovixilancia, a contratación de seguridade privada ou a implantación dun posto de garda no recinto.
Os empresarios expuxeron o problema diante do executivo local, quen manifestou a súa intención de colaborar na posta en marcha dun dispositivo de seguridade, asumindo o custo da construción dunha garita e das obras de peche do recinto.
Custos adicionais
Pero a pesar do apoio da administración, serán os empresarios os que teñan que facerse cargo da contratación da seguridade privada cos custos adicionais que supoña. Para elo, será precisa a constitución dunha comisión do polígono, que determine as cotas a aboar por cada unha das empresas, e xestione os permisos necesarios para a posta en marcha do servizo.
Está previsto que os empresarios do polígono asistan a unha xuntanza convocada pola patronal a finais da próxima semana para intercambiar opinións e comezar a traballar en prol dunha maior seguridade para os traballadores e empresarios do polígono de Xarás.
{flowplayer}barbanza/seguridadexaras.flv{/flowplayer}
Redacción Barbanza









