Comeza o espectáculo na Eurocup cos dezaseisavos de final

  DEPORTES

Comeza o espectáculo na Eurocup cos dezaseisavos de finalextrugasa.jpg

VILAGARCÍA > O Extrugasa enfróntase ó Gran Canaria en Fontecarmoa co obxectivo de acadar unha boa renta para o partido de volta.

Fontecamoa acolle esta noite un dos partidos máis importantes da súa historia. O Gran Canaria rinde visita ó pavillón vilagarcián para enfrontarse ó Extrugasa por un posto nos oitavos de final da Eurocup.

Este será o partido de ida, polo que sería importante non só gañar, senón acadar unha ampla renta para o de volta da semana que ven.

Isaac Fernández poderá contar con tódalas súas xogadoras. No Gran Canaria haberá que ter coidado coa americana Roneeka Hodges e, cunha vella coñecida da afección vilagarcián, a pívot finesa Taru Tuukannen.

O encontro dará comezo ás 20:30.

Redacción Salnés