O Pontevedra presenta os Pontetoons, caricaturas dos seus xogadores

pontetoons100vid_100108_001.jpgPONTEVEDRA > O Pontevedra xa ten as súas propias caricaturas. A este nivel poderíase equiparar ó equipo de Nino Mirón co F.C. Barcelona de Joan Laporta…

…que hai uns anos puxo de moda os Barça Toons. Estes son os Pontetoons e de momento so poderemos ver cinco deles, que sairán na revista oficial do Pontevedra, a PCF, que tamén verá a luz este mes co seu primeiro número.

Ó mando do proxecto estivo o pintor e debuxante pontevedrés Rafael Prieto. Uns amigos de seu, traballadores do club, animáronlle a presenta-la proposta que foi moi ben acollida por todos, incluidos os caricaturizados.

Ós primeiros que veremos serán ós defensas, que xa sairán no primiero número. Despois, irémolos vendo un a un, xa que serán publicados a modo de poster central da PCF.

Estes Pontetoons abriron os ollos á directiva granate que está a pensar na creación dunha mascota ou mesmo dunha tira cómica, aínda que está todo sen confirmar. O que sí é seguro é que se lles porá un marco a cada un deles e serán expostos na sede do club para que os visitantes poidan observa-los, e por que non, botarse unhas risas.

{flowplayer}images/salnes/pontetoons.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés