Concello e vendedores negocian o luns a distribución do mercadiño

    corgo100_100108.jpgO GROVE > A Concelleira de Mercados do Grove, Victoria Canoura, reuniuse onte á noite con representantes dos vendedores ambulantes …

    … para decidi-lo novo emprazamento do mercadiño dos venres. As obras que se están levando a cabo na explanada do Corgo, obrigan a ambas partes a buscar un novo lugar onde situalo.

    Xa hai lugar para o mercadiño dos venres; continuará no Corgo, pero non hai consenso para acorda-lo sitio exacto onde se colocará cada posto. Durante estes últimos cinco anos trasladáronse a un lugar máis preto da Casa do Concello; agora volverase ó emprazamento antigo debido ás obras que se están a levar a cabo na explanada que hai preto do peirao. Ambas partes chegaron ó acordo de mante-lo mercado na mesma praza, pero movéndoo uns metros para facilita-lo tránsito de persoas e tamén do tráfico.

    Sabendo xa onde se colocará o mercado, agora só falta decidi-lo lugar exacto de cada punto de venta. Para iso, celebrarase unha Asemblea o vindeiro luns ás seis da tarde na Casa da Cultura na que se buscará consenso entre tódolos vendedores. O problema xorde en que moitos deles, os que levan máis tempo, queren recupera-lo mesmo posto que tiñan hai anos mentres que os novos piden que se faga a sorteo. De aí que se non se chega a un acordo, que a concelleira marca nun 75%, levaríase a cabo un sorteo. Haberá, por tanto, que agardar ó luns, a esa Asemblea, para ver cal é a decisión que se toma.

    {flowplayer}images/salnes/corgo.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés