Máis de 200.000 persoas descorcharon 70.000 botellas na festa do Albariño

    albarino_vino100_070807.jpgCAMBADOS > Máis de 200.000 persoas descorcharon 70.000 botellas na festa do Albariño, nunha edición que o Concello …

    … cualifica de ‘inesquecible’. O concerto de Paloma San Basilio, marcou o punto álxido do programa musical, xuntando na praza de Fefiñáns, a dez mil espectadores.

    albarino_xente200_070807.jpgDuascentas mil persoas e setenta mil botellas. Son as cifras da edición número 55 da Festa do Albariño de Cambados. O balance de vendas e consumo durante a semana grande do Albariño é sensiblemente superior ó do ano pasado, unhas dez mil botellas máis só nas casetas do Paseo da Calzada, que se o facemos extensivo ó resto das zonas quentes superaría as 100.000 botellas. Un dato significativo da forza desta festa é que Martín Codax vendeu máis de 2.000 botellas só durante a tarde noite do domingo, despois de proclamarse gañador do concurso.

    En canto ás cifras de visitantes, mantéñense tamén os índices de anos anteriores. O poder de convocatoria do Albariño consolidouse na última década nunhas cifras de visitantes estabilizadas entre os 200.000 e os 300.000 durante a denominada semana grande.

    albarino_fogos200_070807.jpgNo apartado musical, o concerto máis concorrido foi o de Paloma San Basilio, e tamén a Gala do Albariño ateigou Fefiñáns con Marlene, Sandro Giacobe, Yanko e Ryan Paris, mentres que o Festival Latino do venres e o concerto de música celta do domingo tiveron asistencias moi estimables.

    O parque de Torrado volveuse revelar, por sexto ano consecutivo, como ideal para acoller o Xantar Albariñense que contou con preto de 900 comensais, un cento máis que o ano anterior. O espectáculo pirotécnico, que puxo o colofón á festa, volveu ateiga-las rúas cambadesas máis céntricas, os paseos marítimos e mailos peiraos de San Tomé, Cambados e Tragove.

    Redacción Salnés