“Esta reforma parece o Escorial”, a veciñanza de Vilaxoán denuncia o abandono da rúa Vázquez Leis

VILAGARCÍA> Veciños de Vilaxoán denuncia o abandono que sufre a reforma da rúa Vázquez Leis. A veciñanza xa formou unha plataforma para que se tomen medidas tras case un ano do comezo das obras. Advirten das molestias e a perigosidade que a parálise dos traballos están a causar ao pobo.

A obra de humanización que o concello de Vilagarcía estendeu a rúa Vázquez Leis de Vilaxoán está completamente parada. Tras case un ano dende o comezo da reforma, o proxecto está lonxe de chegar ao seu final. Farta desta situación, a veciñanza de Vilaxoán crea unha plataforma para esixir ao concello que tome medidas.

A reforma tiña unha duración estimada de tres meses. Pero tras case un de obras, os traballos están parados.

A rúa é unha das arterias principais de Vilaxoán, xa que une a igrexa, o supermercado e a farmacia co centro do pobo e o centro médico. A parálise está causar numerosos problemas aos veciños.

A veciñanza denuncia o perigo que supón percorrer Vázquez Leis.

A plataforma veciñal de Vilaxoán agarda que o concello tome medidas para protexer aos peóns e volver a abrir a rúa. Segundo os veciños, o alcalde comprometeuse a visitar Vázque Leis a vindeira semana. Mentres tanto é importante percorrer a rúa con moita precaución.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí