Concello e Xunta achegan posturas na redacción do novo PXOM

    VALGA > O Concello confía en que a Dirección Xeral de Urbanismo rectifique os recortes feitos ó novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. Logo de catro horas de reunión en Santiago, o alcalde cre que poderán aprobar un PXOM que non impida o crecemento de Valga.

    O goberno municipal de Valga busca o consenso de toda a corporación para sacar adiante a aprobación inicial do novo PXOM. Unha delegación municipal negociou onte en Santiago algúns apuntes que lle fixera a Xunta a este novo planeamento. Entre outras cousas, Urbanismo reducía os núcleos rurais, polo que vivendas construídas co actual PXOM quedarían fóra da legalidade.

    O Concello expúxolles ademais a necesidade de ampliar o solo urbanizable. Urbanismo tamén fixera recortes no solo empresarial. Ademais de desautorizar unha das fases do polígono, impedía a ampliación de solo empresarial en Campaña e Cordeiro. Aquí tamén se chegou a un entendemento. O novo documento planifica o urbanismo de Valga para os vindeiros 20 anos.

    {flowplayer}images/salnes/pxomvalga.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés