O PP ofrece un novo pacto dende a oposición para desatascar a organización de Ravella

    VILAGARCÍA> O Partido Popular de Vilagarcía continúa coa man tendida ao goberno local. Ante a negativa dos socialistas para formar un goberno de coalición, os populares presentaron unha nova proposta para desatascar o pleno de organización. Segundo explicou Tomás Fole, a nova suxestión pasa por compartir proxectos e poder decidir sobre unha parte dos orzamentos, ademais de participar noutros eidos da xestión municipal. Iso si, dende a oposición.

     

    O Partido Popular volve tender a man aos socialistas. O PSOE desbotou a primeira proposta popular: un goberno en coalición. Por iso, veñen de presentar outra nova opción ao goberno de Alberto Varela. Fano, segundo apuntou Tomás Fole, por responsabilidade.

    Aínda está pendente de entrar por rexistro, pero tanto o alcalde como o concelleiro Miro Serén xa coñecen o contido desta nova proposta. Dende a oposición, o Partido Popular aposta por manter o 1,5% do orzamento para cuestións organizativas. Tamén pide poder decidir sobre o 33% dos investimentos no municipio, ademais do compromiso do goberno de seguir con proxectos pendentes do mandato de Fole.

    A representación en órganos como o Porto, Fexdega ou a Mancomunidade do Salnés, é outra das condicións. Como novidade, incorporan a creación de varias comisións bilaterais PP-PSOE.

    Con este pacto, o Partido Popular tamén conseguiría un concelleiro liberado con soldo que, segundo insistiu o propio Tomás Fole, non sería el. A cambio, os seis concelleiros apoiarían a proposta organizativa de Alberto Varela, desatascando un bloqueo de xa case tres meses.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/14/nova_oferta_fole.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/14/nova_oferta_fole.mp4{/flowplayer}