CAMBADOS> Non podemos falar de bos resultados para o Cambados TM nesta xornada. Por unha banda, na División de Honra Nacional caeu o Establecimientos Otero, mentres que unha categoría por debaixo tamén perdeu o Caixanova.
Complícase a permanencia e de qué xeito o Establecimientos Otero. Nesta xornada tiñan un compromiso clave para a salvación ante un rival directo como o Falcons de Sabadell, pero os cataláns leváronse a victoria por un axustado 3-4.
Foi un partido no que os visitantes demostraron ter un equipo máis equilibrado que os cambadeses, que volveron a depender en exceso dos puntos de Junhui; tan só Eduardo Barreiro foi quen de vencer nun partido moi axustado ante Sergi Martínez.
As opcións de salvación aínda as teñen. Restan cinco xornadas por diante e o seu perseguidor na táboa e que ocupa arestora postos de descenso é o Santa Eulalia de Ibiza, que suma dúas victoria menos e co que ten o average igualado. Eso sí, os cambadeses teñen que enfrontarse ós cinco primeiros clasificados mentres que os baleares terán encontros máis asequibles.
Unha categoría por debaixo, en Primiera Nacional, o Caixanova quedouse ás portas de dar a sorpresa ante o Vincios (3-4). Os cambadeses dominaron no marcador e chegaron a estar moi preto da victoria cando no séptimo e definitivo punto mandaban por 2 sets a 1 con 5-1 no cuarto. A partir de ahí viñéronse abaixo e a gran actuación de Jianing Lui déullela victoria ós visitantes. Siguen en postos de descenso pero con opcións de salvarse. Mentres, o Liceo Casino aumenta as súas posibilidades de meterse na fase de ascenso logo de vencer a un rival directo pola permanencia como a Padronesa por 4-2, polo que os vilagarciáns son xa terceiros.
Na Primeira Nacional Femenina, no duelo de rivalidade comarcal entre Caixanova e Monteporreiro, venceron as pontevedresas por 2-4.
Ademais, nas ligas autonómicas destacaron estes resultados: en Primeira Galega, grupo de asceso, caeu o Grupo Barros por 2-5 ante o Ororso, mentres que no de permanencia o Joyería Enrique impúxose ó Arteal por 3-4 e o Rábade ó Charol por 5-2. En Terceira o Chinelas gañou por 6-1 ó Porto Meloxo.
Redacción Salnés