López Rivas volverá ó Dakar co apoio de Marineda City

SALNÉS> Trala súa ausencia no Dakar de 2011, o piloto José López Rivas este ano sí participará no raid máis duro do mundo. Será a súa cuarta participación neste evento que se celebra na primeira quincena do mes de xaneiro.

{flowplayer}images/salnes/dakar_060911.flv{/flowplayer} 

Estas eran as verbas de José López Rivas a 25 de novembro de 2010, pouco despois de coñecer que por falta de apoios económicos a súa participación no Dakar de 2011 era inviable. A sua persistencia e optimismo fixéronlle traballar este ano para recabar a axuda necesaria coa que afrontar a súa cuarta experiencia no raid máis duro do mundo.

A súa participación no de 2012 será posible grazas entre outras cousas ó patrocinio Marineda City Ocio & Shopping, que brindou o seu apoio ó piloto lucense afincado en Sanxenxo. O equipo pasará a chamarse Racing DaKart-Marineda City e coma sempre o coche será un Mitsubishi L-200, que terá que percorrer entre o 1 e o 15 de xaneiro máis de 10.000 quilómetros en condicións extremas se é que quere chegar á liña de meta.

E é que o obxectivo volverá a ser rematar a proba, algo que aínda non conseguíu López Rivas. Estivo moi preto de acadalo en 2010 cando chegaron a ser o único equipo privado e un dos tres españois que se mantivo en carreira. Ó remate da etapa 9, atravesada xa a parte máis dura, a do deserto de Atacama, unha avería no transfer do cambio impedíalles continuar.

A experiencia failles ser polo tanto optimistas pero conscientes da dificultade que terá rematar a proba, algo que nunca acadou un turismo pilotado por un galego. En calquera caso, a volta do López Rivas ó Dakar é de por sí unha boa nova para o deporte galego.

Redacción Salnés