A actuación arbitral evita a victoria do Poio ante As Burgas

PONTEVEDRA> O Poio Pescamar iniciou onte a súa participación na Copa Galicia. Enfrontáronse o Cidade das Burgas en Príncipe Felipe e acadaron un meritorio empate (2-2), se ben o encontro estivo marcado pola mala actuación arbitral.

Gran debut do Poio diante da súa afección. En partido correspondente á primeira xornada de grupos de Copa Galicia, as de Manu Cossío acadaron un meritorio empate ante un equipo de División de Honra como o Cidade das Burgas. Un encontro que serviu para ver debutar a tres das fichaxes, Dani, Catia e Lara, que causaron unha grata impresión.

O primeiro tempo resultou igualado. As locais decidiron agardar en campo propio, ben pechadas atrás para tentar saír á contra. O marcador non se moveu antes do descanso.

A reanudación trouxo máis do mesmo se ben o Poio aproveitou mellor as súas saídas ó contraataque para poñerse en vantaxe grazas a un tanto de Catia. Pouco despois, nunha xogada de estratexia chegaba o segundo, obra de Peke.

Mentres as ourensáns topábanse unha e outra vez coa defensa férrea defensa local e cunha inspirada Dani, baixo paus.

Con 2-0 entrouse nos derradeiros catro minutos de partido no que os colexiados, cunha serie de decisións máis que controvertidas, favoreceron o xogo das visitantes, que por mediación de Lucía e Nerea, empataron o partido. Con todo, as locais aínda tiveron opcións de levarse o choque nunha última xogada a segundos para o final na que o coiro acabou petando no pau.

O cadro vermellón ten agora a vista posta nos seus seguintes amigables. A partir do día 17 disputan o I Torneo Internacional de Viana do Castelo, onde se enfrontarán entre outros equipos ó Vermoin, campión portugués.

Redacción Salnés