Modifícase a normativa de ascensos e descensos

futbol250_151009.jpgSALNÉS> Soubemos xa das sancións que impostas polo Xuiz Único de Competición, entre as que destaca unha advertencia ó Arousa polos supostos incidentes acontecidos no choque ante o Arenteiro. Ademais, destacamos o cambio que a federación impón para este ano no asunto de ascensos e descensos de categoría para a Terceira e a Preferente.

A partir de agora serán catro os equipos que descendan de xeito directo dende a Terceira á Preferente e serán dous de cada grupo os que fagan o camiño inverso. A asemblea da Federación Galega así o acordou,despois do visto bo da RFEF, adiantando a esta campaña unha medida que estaba prevista aplicar na 2010/11. Así as cousas Céltiga e Vilalonga non poderán despistarase xa que o seu marxe de erro é menor. Ademais, deberán seguir contando cos posibles descensos dende 2ªB. Se baixan desta división máis dos que acceden a ela, perderían a categoría o quinto pola cola, o sexto, e así sucesivamente. Niso non hai cambio.

Sí que o hai á hora de ascender dende Preferente, agora serán os dous primeiros de cada grupo os que o fagan de xeito directo. Ahí ,entre os grandes beneficiados, o Arousa e o Portonovo que loitan por ese obxectivo e que no caso de rematar a liga en segfunda posición non deberían xogarse a súa praza na Terceira nun playoff a vida ou morte.

Por outra banda, o Xuiz Único de Competición comunicou a sanción dun partido a Diego Villaverde. O interior do Vilalonga foi expulsado no encontro do pasado domingo ante o Lalín e verá dende a bancada o partido que os seus compañeiros xogarán ante o Ourense. O mesmo pásalle a Cardeñosa, no Céltiga, que se perderá o choque ante o Alondras por cumplir ciclo de amonestacións. Mesmo caso de Jesús Bea, do Xuventú de Sanxenxo, que xa víu o quinto amarelo.

Ademais, o Arousa foi advertido por competición dunha posible sanción se se volven a repetir os incidentes do encontro ante o Arenteiro. Dende o club vilagarcián din estar moi tranquilos, polo comportamento exemplar durante anos da súa afección. O colexiado foi insultado cando se dirxía ó túnel de vestiarios pola súa desafortunada actuación, pero nada máis alá diso.

Redacción Salnés