Zona Aberta entrega o terceiro premio da campaña Nadal

    terceiropremio100_001.jpgVILAGARCÍA > Ana Abuín Pazos foi a gañadora do terceiro premio que Zona Aberta sortea tradicionalmente ó remate do Nadal.

    Polo de agora os comerciantes só coñecen o nome da terceira premiada, á que esta mañá lle entregaron o vale compra de 1.000 euros. Foi na mesma perfumería onde lle deran a rifa agora premiada. Para a gañadora, foi toda unha sorpresa gañar o terceiro premio. Agora toca pensar onde se van a gastar os cartos. O que está claro é que sobran as ideas onde investir os cartos, xa que estamos na costa de xaneiro e en plenas rebaixas.

    O sorteo, celebrado o martes pola noite, deu a coñecer o número das tres rifas premiadas, e agora dende Zona Aberta esperan que os gañadores do primeiro e o segundo premio, dotados cada un con 3.000 e 2.000 euros respectivamente, aparezan pronto. Os dous poseedores das rifas premiadas terán ata o día 12 desta semana ás oito da tarde para comunicarlle a asociación que son os premiados. Pero de non aparecer ningún gañador, Zona Aberta terá que estudar outras posibilidades coma a de volver a sortear as rifas máis adiante. Pero polo de agora non queren pensar niso e esperan que aparezan os premiados.

    Por se non o saben e puderan ter algún boleto, a rifa do primeiro premio é a do número 118.305 e a do segundo 016.569. En total, repartíronse durante o Nadal unhas 300.000 rifas entre os clientes dos establecementos integrantes da asociación. Os mesmos, nos que Ana Abuín Pazos poderá gastar agora o seu premio.

    Redacción Salnés