SANXENXO> Finalmente os pinos da parcela que a Comunidade de Montes de Noalla no concello de Sanxenxo ten no lugar de Major foron cortados. O pasado luns o presidente Roberto Garrido foi agredido polos donos dos terreos situados preto dos da comunidade ó pedir explicacións pola tala duns pinos da súa propiedade. Hoxe habían desaparecido a totalidade destas árbores.
Roberto Garrido, acudiu á parcela que a comunidade de montes de Noalla ten no lugar de Major. Os propietarios da finca colindante, dous irmáns da Estrada, procederon a tala das árbores dos seus terreos para dar servizo os chalets que pretenden construír. A sorpresa do presidente da comunidade de montes chegou cando baixaron do coche e comezaron a agredirlle.
Garrido tivo a oportunidade de chamar o voceiro da comunidade que avisou a Garda Civil. As forzas de seguridade, despois de coller as declaracións de ámbalas dúas partes escoltaron o presidente da comunidade de montes ata o centro médico de Portonovo que o derivou o Hospital de Montecelo a realizar varias probas.
A comunidade de montes de Noalla afirma que a parcela, de 500 metros cadrados de superficie, é da súa propiedade e conta con varios documentos que así o confirman. Aínda que despois da agresión as árbores deixaron de talarse hoxe puidemos comprobar que todos os pinos foron cortados ante a sorpresa de Garrido que o denunciou de inmediato.
Redacción Salnés