SANXENXO> Sanxenxo non se pode permitir perder o verán. Así de claro se mostrou o seu alcalde para pedir á poboación que cumpra as normas durante a ponte de San Xosé e a Semana Santa. A vila incrementará os controis para evitar que se comentan infraccións.
Coa situación sanitaria evolucionando favorablemente e as restricións cada vez menos esixentes, os concellos poñen a vista na recuperación económica. Dende os municipios queren evitar que a poboación relaxe as precaucións en Semana Santa e se produzan gromos como os do nadal. Este medo é maior nos municipios máis turísticos do Salnés que teñen na campaña de verán a súa principal fonte de ingresos.
Para evitar o incumprimentos das normas, a vila incrementará os controis policiais.
A previsión do goberno local é que moitos turistas de toda Galicia acudan á vila. O alcalde asegura que tanto os establecementos como as forzas de seguridade xa están preparados para garantir que se cumpran as normas.
A seguridade non é a única preocupación do goberno local. O concello está incrementando as tarefas de limpeza para que a vila sexa un lugar seguro.