O PP critica a actuación do goberno local nas infraestruturas de comunicación

    telmo100_140108_001.jpgPONTEVEDRA > O PP de Pontevedra critica a actuación do goberno local cando fai anuncios políticos como si foran proxectos reais.

    Refírese sobre todo, as comunicacións que veñen facendo dende o concello, de obras de infraestruturas que aínda están sen licitar. Asemade, segundo Telmo Martín, estanse dando estimacións de inversións, como si foran xa asignacións presupostarias reais.

    Telmo Martín quixo precisar o que significa un proxecto do Ministerio de Fomento, para distinguir o que anuncia o goberno local, do que o PP considera realidade. Para iso, destacou as tres fases das que constan os proxectos. Primeiro o estudio informativo, segundo a fase do proxecto que leva de dous a tres anos e terceiro, a fase das obras que pode levar ata seis anos.

    Martín lembrou tamén os proxectos de obra máis importantes que precisa a cidade, e dou datas aproximadas para rematalos, baseándose nas fases do proxecto en que se encontran actualmente.

    Entre eses proxectos, o mais importante é o da circunvalación Falou tamén das asignacións presupostarias que hai anunciadas dende o concello, e da inversión precisa para rematala circunvalación, segundo datos do Ministerio de Fomento.

    Con estas asignacións no presuposto, o PP cree que a circunvalación de Pontevedra, non comezará ata o ano 2012 e si sumamos os cinco ou seis anos que leva facer toda a obra, a circunvalación non estaría en funcionamento ata 2018.

    O caso da A-57 ten unha situación parecida. Está aprobado parte do estudio informativo, pero falta o ramal que comunica con Peinador e con Vigo. A asignación presupostaria para os próximos tres anos suma 1.2 millóns €, o que significa tan só o 0.3 % do total, que é de catrocentos trinta e dous millóns de euros.

    O PP espera que co AVE non ocorra o mesmo que ca circunvalación, amais, Martín asegura que é preciso soterrar as vías.

    Redacción Salnés