Cabo de Cruz despide este domingo a liga regular da Euko Label

BOIRO> Os afeccionados ó mundo do remo terán unha cita este próximo domingo en Cabo de Cruz coa disputa da trixésima Bandeira Concello de Boiro. A regata porá fin ademais ademais á Liga Eusko Label, a máxima competición a nivel nacional.

Cabo de Cruz acollerá este próximo domingo a última das regatas da tempada regular da Liga Eusko Label. Unha competición que se veu este ano moi condicionada pola chegada da covid. Esta situación obrigou ó club anfitrión, o Club de Remo Cabo de Cruz, a tomar unha serie de medidas, entre as que figura restrinxir o acceso de afeccionados ó porto.

Dende o Concello destacaron a importancia desta regata, un dos eventos de maior categoría dos que poden  celebrarse actualmente na localidade.

Na regata do domingo decidirase tamén o equipo que dirá adeus a esta competición e o que irá ó palyoff de ascenso/descenso. Con Kaiku xa descendido, Ares e Zarautz xogaranse esa última bala, separados unicamente por dous puntos.

En canto á traíña anfitrioa, Cabo de Cruz, xa non se xogará nada. Conseguida xa hai tempo a permanencia, o ano que vén volverá a remar na máxima competición do remo a nivel nacional, despois de conseguir un  máis que meritorio sétimo posto na clasificación xeral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí