‘O Chicle’ volverá a sentarse diante dos tribunais

NOIA>  O xulgado de Instrución Número 2 de Noia decretou o seu procesamento por unha presunta agresión sexual á súa cuñada en 2005. O asasino de Daina Quer declarará por videoconferencia dende centro penal no que se atopa  o vindeiro 26 de xullo.

A xuíza titular do Xulgado de Instrución número 2 de Noia decretou o procesamento de José Enrique Abuín Gey pola agresión sexual á súa cuñada en xaneiro de 2005, cando esta tiña 17 anos.

No auto a xuíza sinala que das dilixencias de instrución practicadas despréndense indicios bastantes de que o investigado realizou actos atentatorios contra a liberdade sexual da denunciante.

A propia xuíza descarta a prescrición do delito, ó tratarse de delitos contra a liberdade sexual con vítima menor de idade.

Na resolución, lembra que o termo da prescrición se computa dende o día en que a afectada alcanzou a maioría de idade, en 2005, polo que non estaría prescrito ata 2020, e as dilixencias reabríronse en 2018.

No auto sinálase ademais de que o feito de que ‘O Chicle’ fose ademais condenado polo asasinato de Diana Quer, cometido en agosto de 2016, e por intentar agredir sexualmente a unha moza en Boiro en decembro de 2017, reforza, máis se cabe, os indicios de veracidade da denuncia da súa cuñada, pois constátase o mesmo ‘modus operandi’.

No auto, contra o que cabe presentar recurso, requirese ó procesado que preste fianza de dez mil euros para asegurar as responsabilidades penais que se lle puidesen impoñer.

Prestará declaración o vindeiro 26 de xullo a través de videoconferencia dende o centro penal no que esta recluído.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí