BOIRO> AMICOS conmemorou o Día da Discapacidade cunha nova edición do Festiritititi. O parque da Cachada, en Boiro, encheuse de xogos, obradoiros e espectáculos para reivindicar a inclusión das persoas con diversidade funcional.
Unha auténtica festa. Así viviron os usuarios de AMICOS e os nenos dos centros escolares do municipio este Día Internacional da Discapacidade coa celebración do Festirititi. Zancudos, maxia, obradoiros e todo tipo de xogos para fomentar a inclusión e reivindicar as distintas capacidades.
As autoridades convidadas non quixeron perder ocasión de participar activamente nos xogos programados para esta xornada. Xornada tamén para agredecer, como fixo o director xeral de Maiores e Discapacidade, o traballo que realizan entidades como AMICOS.
Nesta segunda edición, Jealsa volveuse sumar tamén ó Festirititi por conxugar os valores fundamentais do seu Programa de Responsabilidade Social.