Ós equipos do Salnés esquénceselles como gañar

futbol100_140108.jpgSALNÉS > Se a pasada fin de semana foi moi positiva, desta non se pode dicir o mesmo: tres empates e tres derrotas.

O Vilalonga caeu en Santiago ante o Cidade (3-2). Os de Josiño foron quen de remontar dous goles en contra e de empata-lo partido con tantos de Albert e Jorge. Pero Adrián no minuto 95, nunha xogada desgraciada, anotou en propia meta e fixo que o seu equipo voltase coas mans baleiras de San Lázaro.

Empate do Arousa ante o Rápido de Bouzas. Partido entretido pese á ausencia de goles. Os vilagarciáns non dispuxeron de grandes ocasións e salvaron un punto despois de que o visitante Michi disparase ó pau a dous minutos para o final.

Derrota pola mínima do Céltiga ante o Alondras (1-0). Boa primeira parte dos de Manuel Núñez que dispuxeron de ocasións para adiantarse no marcador, sobre todo dúas delas, nas botas de Iago e Adrián Nieto. Pero un gol de Andrés mediada a segunda metade sentenciou ós da Illa.

En Baltar, empate sen goles entre Portonovo e Pontevedra B. O mal estado do terreo de xogo condicionou o partido, carente de ocasións claras de gol. Curiel púidolle da-la victoria ós de Piscis na prolongación pero o seu remade foi repelido polo meta Saavedra.

Unha división por debaixo, en Rexional Preferente, o Ribadumia non puido co Gran Peña aínda que realizou un gran encontro. Adiantáronse ós visitantes moi cedo pero empatou Suso ós 25; o propio Suso sería expulsado xusto antes de chegar ó descanso por dobre amarelo. Pese a xogar en inferioridade numérica durante toda a segunda metade o Ribadumia non lle perdeu a cara o encontro e foi quen de sacar un punto ante o intratable líder.

Non lle foron tan ben ás cousas ó Unión O Grove que continúa na parte baixa da táboa despois de caer co Porriño por 2-0.

Redacción Salnés