A I Travesía do Salnés une deporte, ocio e turismo

 CAMBADOS> Hoxe foi presentada a I Travesía do Salnés. Trátase dun evento, que terá lugar o 4 de maio, e que aúna o deportivo e o turístico; unha ruta a pé e en bicicleta polo interior do Salnés. Está organizado pola Asociación Cultural As Travesas e conta coa colaboración da Mancomunidade do Salnés.

{flowplayer}images/salnes/DeportesVilanova_050413.flv{/flowplayer} 

A un mes vista para a realización do evento, hoxe foi presentada a I Travesía do Salnés, co obxectivo de promocionala ó máximo e facer que a xente participe. Será unha ruta que percorrerá cinco concellos: Vilagarcía, Meis, Vilanova, Cambados e Ribadumia, e que poderá facerse ben a pé ou en bicicleta. Os que o fagan camiñando saiban que serán 50 quilómetros e 12 horas de andaina; os que escollan as dúas rodas completarán 45 quilómetros na metade de tempo.

Iso si, non se trata dunha carreira. O competitivo non prima nesta experiencia, coa que se pretende resaltar a beleza do interior do Salnés e promocionala como alternativa turística.

A Travesaía do Salnés partirá dende Tremoedo e unirá Castrove e Lobeira pasando, entre outros lugares, polo Mosteiro de Armenteira. O prezo para participar nela é de 16 euros, que inclúe un seguro de incidentes, avituallamiento, camiseta e posterior merenda ó rematar a xornada. Tamén inclúe a posibilidade, se as forzas escasean, de que un coche escoba permita ós asistentes deixar a proba en calquera dos oito puntos de avituallamiento que serán colocados.

Redacción Salnés