A firma Ecosport Barbanza promove un campus de fútbol en Noia

NOIA> A actividade, que se desenvolverá no estadio de San Lázaro do 26 ó 31 de decembro, está dirixida a rapaces de 8 a 16 anos. Esta fin de semana presentábase no concello de Noia a primeira edición do Campus de Fútbol de Nadal que organiza a firma EcoSport Barbanza. A actividade celebrarase o próximo mes de decembro, do 26 ó 31, nas instalacións municipais de San Lázaro aproveitando o parón das clases. Estará dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 16 anos. Durante eses días, os rapaces poderán adquirir os valores fundamentais de este deporte, sen deixar de lado os aspectos técnicos e a preparación física. No campus contarase coa participación de varios xogadores profesionais como é o caso de Jota Peleteiro, actualmente nas filas do Brentford inglés, Chema Añibarro, do Eibar, ou Adrián Pazó, do Coruxo. A iniciativa conta coa colaboración do concello noiés a e o Noia Club de Fútbol. Terá un custe de 120 euros e as prazas son limitadas, cubríndose por rigorosa orde de inscrición podéndose realizar xa a través da web: www.ecosportbarbanza.com. Haberá ademais servizo de autobuses dende diferentes zonas do Barbanza así como tamén de Santiago.