![]()
VILAGARCÍA > Logo das derradeiras noticias aparecidas na presa estatal e local, ó respecto da decisión da Unión Europea…
…de estudar medidas sancionadoras co estado español, pola contaminación do río Umia, o grupo comarcal de EU, expuxo esta mañá as iniciativas sobre o caso, que xa levara a cabo o seu eurodiputado Willy Meyer.
Esquerda Unida alégrase de que a Unión Europea tome medidas sancionadoras co estado Español, pola contaminación do río Umia a causa do vertido da planta química de Brentang.
Aseguran que Foi Willy Meyer, o eurodiputado de Esquerda Unida o que fixo a petición ante as autoridades europeas, de tomar medidas concretas ante dita contaminación.
Segundo Fajardo queren dar conta das actuacións que na Unión Europea vai facer o grupo de Esquerda Unida, respecto a auga de uso humano que reciben concellos como Vilagarcía e Caldas. E unha vez que se admitan a trámite as súas peticións, engadirán outras cuestións.
A punto de comezar o período electoral, Esquerda Unida aproveita para lembrar que a súa presenza no goberno é garantía de actuacións determinantes como no caso da contaminación do Umia.
Redacción Salnés






