A auga das obras do vial de aceso o Porto de Vilagarcía asolaga fincas de Rubiáns

    fincarubians_100.jpgVILAGARCÍA > As obras da vía de acceso ó Porto de Vilagarcía están a causar importantes danos nas vivendas próximas á infraestrutura.

    En Rubiáns de Arriba varios veciños viron onte como se anegaban camiños, fincas privadas e mesmo garaxes. A causa, a acumulación das augas que se empregan na construción da estrada.

    casarubians_200.jpgMalia que onte pola tarde foi o peor momento que viviron algúns veciños de Lago, en Rubiáns de Arriba, esta mañá aínda se podían comprobar nas fincas e nos camiños do lugar os danos causados polas obras do vial de aceso ó porto de Vilagarcía. A mala canalización das augas fixo que baixasen cheas de lodo ata as casas, onde anegaron fincas, camiños e ata algún garaxe. As fortes precipitacións que caeron na tarde de onte provocaron asolagamentos que os veciños xa presaxiaban.

    Os afectados xa denunciaran a situación ante a empresa responsable das obras e o concello de Vilagarcía, dado que a auga e o lodo xa lles chegaran ós seus domicilios esta fin de semana. Pero por ámbalas dúas partes non lles propoñen ningunha solución que signifique o remate dos problemas, e os propios afectados foron os que tiveron que buscar apaños como o de abrir un muro para que auga discorrese ata o camiño.

    As tubaxes existentes no lugar das obras son insuficientes para canalizar a auga que baixa do monte en momentos de intensas precipitacións coma o de onte. Unha situación á que se seguen expostos, e pola que lle piden as autoridades correspondentes unha solución que impida que se repitan os asolagamentos.

    Redacción Salnés