A Directiva do Aeroclub do Umia dá a súa versión a polémica

    aeroclub_100.jpgCALDAS > O presidente do Aeroclub do Umia, Xerardo Fernández, lamentaba hoxe a situación que se está vivindo cun grupo de veciños

    … desta localidade, que se opoñen a continuidade destas instalacións.

    Este presidente entende que o malestar da veciñanza se debe a un problema de comunicación entre eles e o promotor das obras e que son completamente salvables. Fernández quixo despreocupar ós veciños no tema da seguridade: asegura que o sistema de vóo destas aeronaves fai que sexa moi difícil que aconteza un accidente, e moito menos contra inmobles, posto que nesta pista de vóo non é mester sobrevoar ningunha casa e o pequeno avión en caso de emerxencia pode aínda planear de xeito dirixido moitos metros para aterrar.

    Pola súa parte, o secretario deste club, José Carlos Martínez, aclarou que arestora non están saíndo vós deste recinto e que os máis de 20 socios se teñen que desprazar ata Portugal para poder seguir adiante ca súa afección. Hoxe en día, o recinto está precintado por mor dunha falla de cualificación do terreo para este uso deportivo, á espera dunha resolución favorable a medio prazo da Consellería de Política territorial. Defendeu tamén que esta actividade deportiva que realizan non supón un prexuízo para a poboación, moi polo contrario un aeroclub supón un importante motor de dinamización para calquera lugar.

    Esta tarde houbo varias veciñas propietarias das fincas colindantes que defenderon a idoneidade desta construcción e mesmo da súa ampliación, para a que pretenden vender as súas propiedades.

    Redacción Salnés.