A gran obra de saneamento que está a executar a Xunta en Vilagarcía estará rematada en xullo

VILAGARCÍA> A gran obra de saneamento que está a executar a Xunta en Vilagarcía estará rematada en xullo. Esa é a previsión do goberno galego para a actuación que se está a acometer nos tanques de tormentas de Fexdega e da praza de abastos. Por diante queda aínda unha das actuacións máis complicadas na desembocadura do río do Con. Nesa zona van perforar o leito do río para conectar as distintas canalizacións que rematan nese punto. Estes traballos, dunha gran complexidade técnica, durarán tres semanas agás dificultades técnicas inesperadas.

A mellora do saneamento en Vilagarcía estase a desenvolver en dous puntos: nos tanques de tormentas de Fexdega e da praza de abastos.

Para estes dous traballos invístense case 12 millóns de euros, co obxectivo de minimizar os alivios ao río do con e protexer a ría.

As obras están executadas ao 80%, polo que a previsión é que poidan estar rematadas este verán. Por diante queda aínda unha das actuacións máis complicadas da desembocadura do río do Con. Nesa zona van perforar o leito do río para conectar as distintas canalizacións que rematan nese punto. Estes traballos, dunha gran complexidade técnica, durarán tres semanas agás dificultades técnicas inesperadas.

O presidente da Xunta destacou tamén o futuro investimento para ampliación da depuradora vilagarciá, que contará cun investimento de máis de 31 millóns de euros.

Rueda e Varela destacaron ademais da importancia fundamental entre administracións para conseguir levar a bo porto grandes proxectos como estes. O presidente da Xunta puxo Vilagarcía como un exemplo nesta materia.