CODESEVI considera vital a conexión de Vilalonga co polígono de Nantes

    foto_codesevi100_160108.jpgSANXENXO > CO.DE.SE.VI., a Comisión para o Desenvolvemento Socio Económico de Vilalonga presentou hoxe á súa nova directiva, despois de …

    … varios anos en comisión xestora. Á súa fronte están Manuel González, como presidente, Carlos García, como portavoz, Montserrat Fernández, como secretaria e José Buezas como tesoureiro.

    CO.DE.SE.VI. presentou ademais as súas principais reivindicacións. Para esta federación, que aglutina a unha decena de asociacións desta parroquia de Sanxenxo, ‘sería vital’ unha vía de conexión entre Vilalonga e o polígono de Nantes. Unha actuación, esta, que segundo Carlos García, ‘se nos prometeu’ e aínda está sen executar. O centro de saúde e o centro cultural e de xubilados, así como a recuperación dos pantaláns de Vilalonga son outras das demandas. A directiva de Codesevi lembrou que moitas das instalacións das que gozan hoxe en día foron iniciativa dos veciños e ofrece unha man ás administracións para por estas novas en marcha.

    Precisamente, onte a alcaldesa reuniu a distintos colectivos de Vilalonga no concello para falar da situación dos servizos que queren instalar nos terreos Revel. Explicoulles que a Xunta lles pediu un novo informe sobre estes equipamentos co conseguinte atraso destes equipamentos, polo que lle solicitaron que axilice estes trámites burocráticos.

    Redacción Salnés