As mariscadoras piden a Pesca que recatalogue as zonas de marisqueo

    VILANOVA > Máis de 300 mariscadoras reclamaron ante o INTECMAR que o banco marisqueiro do fondo da Ría de Pontevedra pase de categoría C a B, indispensable para a venta de molusco fresco. As mariscadoras cren que hai unha guerra de mostreos e culpan ás administracións das analíticas que certifican a mala calidade das augas dalgunhas zonas do banco.

    mariscadoras_300_290906.jpgPiden analíticas xustas nunha praia moi productiva que agora está paralizada por mor duns mostreos que din, non se axustan á realidade. Ante a desconfianza das análises realizadas polas administracións, recorreron a laboratorios particulares, que sacaron á luz outros resultados máis salubres.

    As mariscadoras cren que hai intereses ocultos que están prexudicando seriamente o futuro da zona, ó sobreexplotar as zonas permitidas. Agardar ós tres meses que pide a Consellería sería alongar un problema en vez de darlle unha solución eficaz. Solicitan que se establezan mais puntos de mostro porque hai determinadas zonas que deberían contar con beneplácito dos analistas. As mariscadoras non queren agardar máis porque non queren que lles dean axudas: queren traballar en zonas de categoría B, como o fixeron ata agora.

    As mariscadoras culpan ás administración da falta de control a depuradora de Lourizán, que procesa as augas da práctica totalidade dos concellos costeiros da Ría de Pontevedra. Ameazan con repetir as mobilizacións cada venres ata que se solucione un problema que está afectando ós seus fogares.

    Reunión cos conselleiros

    As pancartas e consignas que se berraron ante o Intecmar trasladáronse ó mediodía á delegación provincial de Medio Ambiente en Pontevedra. Sabedoras da presencia alí dos conselleiros de Pesca e Medio Ambiente, as mariscadoras quixeron amosarlles a súa indignación por non poder vender en fresco o marisco de Placeres.

    O propio delegado provincial, Juan Francisco Froján, mediou entre as partes e finalmente unha representación do colectivo puido reunirse cos conselleiros. Entre outras cousas, acadaron o compromiso de estudarán máis puntos de mostraxe en zonas máis alonxadas do Cabo de Placeres.

    Visita conselleiros

    Outro dos compromisos que adquiriron por parte das Consellerías é que no prazo de dous meses estaría resolto o problema de vertido de coliformes nesta parte da ría de Pontevedra, co obxectivo de salvar a campaña de Nadal. O xoves, as confrarías recibirán todos estes acordos por escrito, e o luns os tres pósitos implicados valorarán a situación. O conselleiro de Medio Ambiente anunciou que nun mes se adxudicará a unha nova empresa o tratamento secundario na depuradora de Pontevedra, ata agora pendente dun contencioso coa anterior adxudicataria.

    Outra obra inmediata será a eliminación dun vertido delimitado en Lourizán, en colaboración co Concello de Pontevedra, cun investimento de 150 mil euros. A conselleira de Pesca advertiu ademais que a actual Xunta está a herdar este problema despois dunha falta de investimentos dos últimos gobernos populares no saneamento das rías. Segundo sinalou, no último ano a zona C no fondo da ría de Pontevedra reduciuse en 1,6 millóns de metros cadrados.

    Redacción Salnés